

En Pescados Moncho, S.L. ofertamos todo tipo de peixe fresco: pescada, lirio, pescadilla, abadexo, rape, mero, sardiña, palometa, calamar e un longo etcétera. Ademáis do peixe fresco dispoñemos dunha ampla gama de surtido de mariscos: langosta, bogavante, nécora, ameixa, cigala, percebe, navalla, vieira, langostino, gamba e moitos máis.
Os nosos productos en fresco sírvense directamente na Lonxa de Ribeira ao cliente, coa máxima calidade e en óptimas condicións. Si precisan dunha lista dos nosos productos, no dubiden en poñerse en contacto con nós, e coa maior brevidade e seriedade informarémolo sen ningún compromiso.
Coñeza a continuación algúns dos productos que actualmente comercializamos:
-
Xurelo - Trachurus trachurus (Linné, 1758)
Peixe de corpo alongado, fociño afiado e boca grande (coma os ollos) e inclinada. Ten pálpebras transparentes, escamas pequenas e, coma característica máis distintiva, a súa liña lateral, que está formada por escamas moi desenvolvidas con forma de "ese" estendida. A cor dos xurelos varía entre gris, verdosa e azulada no dorso con reflexos metálicos, sendo os costados grises prateados e o ventre branco.
Ten unha mancha negra detrás da cabeza á altura do ollo. Acadan a madurez sexual ó segundo ano de vida (22 cms) y reprodúcense nos meses de verán. É unha das capturas típicas das flotas galegas de cerco. -
Pescada - Merluccius merluccius (Linné, 1758)
Posúe unha cabeza e boca grande con dentes moi afiados.
O corpo é longo, de ton gris escuro, cos costados máis claros, e ventre abrancazado.
A primeira aleta dorsal é máis curta ca segunda.
Normalmente mide entre 40 e 70 cm, podendo chegar ata os 120.
Reprodúcese a finais do inverno e na primavera. As femias alcanzan a súa madurez sexual cando alcanzan os 40 centímetros e a súa fertilidade é maior canto máis medran. Viven nas proximidades dos fondos mariños, entre 30 e 500 m. de profundidade. -
Lirio - Micromesistius poutassou (Risso, 1826)
É unha especie de pequeno tamaño, con corpo longo e estreito.
A queixada inferior é prominente e carece de barbillón.
Os ollos do lirio son moi grandes e a cor pode ser azulada, cincenta ou acastañada no lombo, cos francos prateados e o ventre abrancazado.
A liña lateral é prácticamente recta. Reprodúcese sobre todo no inverno, finalizando aproximadamente no mes de maio. -
Xarda - Scomber scombrus (Linné, 1758)
Peixe de corpo alongado e cor verdosa azulada, percorrido por liñas verticais negras en un ventre prateado con tons brancos. Presenta unha especie de aletiñas (pinnulas) próximas á cola, tanto no dorso coma no ventre.
Ten unha cabeza afiada e pode chegar a medir ata 50 centímetros. Acada a madurez ós dous ou tres anos e reprodúcense entre os meses de maio e xullo. -
Abadexo - Pollachius pollachius (Linné, 1758)
Ten un corpo esvelto de cor parda verdosa e prateada nas costas.
Os exemplares novos (corbelos ou sarretas) teñen cores moi vivas e son dunha gran fermosura no momento da captura.
A queixada inferior do Abadexo é moi prominente e non ten barbas. -
Cherna - Polyprion americanus (Schneider, 1801)
Peixe de corpo robusto e voluminoso. A cabeza é alongada, con vultos entre os ollos e a fronte.
A queixada inferior é prominente e os dentes dispóñense en, polo menos, tres filas.
O fociño da cherna é ancho e grande, cos beizos moi grosos.
O lombo é de cor agrisada e o ventre amarelo. Pode chegar a medir ata dous metros de lonxitude e reprodúcese no verán. -
Polbo - Octopus vulgaris (Cuvier, 1798)
Cefalópodo de oito brazos e cabeza grande, debaixo da que agacha unha boca formando un pico "de loro" duro do que se vale para comer nécoras, cangrexos...
Ten dúas filas de ventosas nos tentáculos pola súa cara interna, a diferencia do polbo cabezón.
Mimetízase co fondo e carece de cuncha. -
Nécora - Necora puber (Linné, 1767)
Se a nécora é de Galicia, a súa cuncha hexagonal é de cor marrón escura e textura de veludo.
No macho, o abdome é triangular. Na femia é máis ancho e redondeado. Presenta cinco pares de patas, sendo o primeiro delas unhas pinzas. -
Cigala - Nephrops norvegicues (Linné, 1758)
Ten un corpo alongado de ton rosado con conzas de coloración máis extensa.
A cabeza é longa, con espiñas laterais e pinzas desnevolvidas. -
Camarón - Palaemon serratus (Pennat, 1777)
Ten un rostro longo e un corpo semitransparente comprimido lateralmente.
A cabeza ten liñas debuxadas en sentido lonxitudinal e oblicuo, liñas que tamén están presentes no abdome aínda que son máis curtas e transversais.
A diferencia da quisquilla, o camarón ten a cabeza moi triangular e aguzada (cun potente rostro) e ten dous pares de pinzas que non ten aquela. -
Percebe - Pollicipes cornucopia (Leach, 1824)
Aínda que viva pegado ás rochas é un crustáceo, non un molusco. A parte comestible do percebe ten unha pel moura e dura que remata nunha uña (cuberta de pequenas escamas) formada por varias pezas.
O pedúnculo carnoso ou pé é o que lle permite adherirse ás rochas, onde vive, en zonas moi batidas.
Forma grupos ou piñas. O percebe galego é máis groso e escuro có que vén de Marrocos, e a uña é máis aguzada e avermellada e con menos placas có canadiano. -
Navalla - Ensis arcuatus (Jeffreys, 1865) - Ensis ensis (Linné, 1758)
Ten unha superficie brillante que semella vernizada.
As valvas son alongadas, cunha cuncha arqueada moi característica (en forma de navalla) que a diferencia do longueirón, co que, sen embargo, comparte unha coloración similar. -
Centola - Maja squinado (Herst, 1788)
O caparazón da centola é triangular por diante e case redondo pola zona de atrás.
Está cuberta dunha especie de espiñas. No borde dianteiro presenta dous pinchos máis fortes.
Posúe cinco pares de patas duras e longas. A súa cor é vermella parda e debemos recordar que a centola galega é máis escura cá bretona. Ademáis, unha característica da centola das rías é que o seu caparazón está cuberto por pequenas algas e arneiróns. -
Boi de mar - Cancer pagurus (Linné, 1758)
Este crustáceo ten o corpo ovalado e liso, máis ancho ca longo, de cor marrón vermella. Ten dúas fortes pinzas no seu primeiro par de patas.
Non é moi doado distingui-lo galego do francés: o noso é máis peludo nas patas e as pinzas teñen máis dentes có boi de Francia.