

En Pescados Moncho, S.L. principalmente comercializamos peixe e marisco fresco, aínda que tamén cefalópodos tales como o polbo, calamar, pota, chipirón ou chopo. Podedes ver unha lista con algúns dos nosos produtos accedendo á sección de Produtos.
A nosa actividade engloba a conservación, manipulación, almacenamento e distribución directa dos nosos produtos.
O Peixe é un alimento fundamental para unha dieta san e equilibrada, xa que posúe un baixo contido de calorías e proporciónanos un elevado aporte de proteínas que o convirte nun alimento que non debería faltar no noso día a día.
O Marisco está considerado na maioría das culturas do mundo coma un manxar, aínda que ademáis do pracer de comelo, tamén nos proporciona unha fonte de proteínas bastante elevada, e ademáis contén unha gran cantidade de vitaminas, co que tampouco debería faltar nunha dieta san e equilibrada.
Os Cefalópodos posúen un corpo musculoso e flexible, co que ofrecen unha gran versatilidade á hora de cociñalos. Éstos tamén nos proporcionan un alto aporte proteínico.

